top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Contigo Silleda denuncia “obstaculización” documental da Humanización Chousa Nova

Ecos da Comarca/Silleda

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, reprende ao Goberno de Silleda por estar “a dar largas” para que a formación poida proceder á revisión do expediente da Humanización de Chousa Nova. "Desde o mes de agosto que estamos autorizados para a revisión documental solicitada en febreiro do actual ano, e despois de solicitar cita telefónica no Consistorio, todo son escusas, pero solucións ningunhas", recalca.


Ramos desconfía, que poida existir "algunha irregularidade nas obras por iso agora estanos dando voltas ás voltas. O documento de autorización para revisar o expediente di claramente que temos que dirixirnos a Urbanismo. Poñémonos en contacto con Urbanismo e dinnos que teñen que revisar o expediente e que nos comunicarán en breve o día para acceder a revisar o expediente. Pasados quince días poñémonos en contacto novamente para preguntar o motivo da tardanza, e dinnos que temos que falar con Secretaría, para saber o que nos vai a ensinar ou non", relata esta formació., "Se nos din que o expediente é función de Urbanismo. Cal é o misterio para que agora nos digan que temos que falar con Secretaría?", pregúntase.

Ante isto, solicitou falar con Secretaría. "Dende aquí indícanos que non poden atendernos, porque está a secretaria reunida e a persoa que sabe do “tema” está de vacacións”. E que “xa” se poñerán en contacto coa formación. Aquí ou están de vacacións, pásanse a pelota ou ninguén sabe nada, pero todos cobran a fin de mes, e ata a data, seguimos sen resposta algunha. A transparencia da que nos falan, brilla pola súa ausencia", apostila Ramos.

Ademais, incide en que "se as obras xa foron recibidas, inauguradas e liquidadas no 2019, por que nos din que teñen que revisar o que nos poden ou non ensinar? Que está a ocultar o Concello? Por que recibiron e inauguraron as obras rotas? Independentemente de que “estiveron ou están” a gañar tempo para que expire o prazo de garantías das obras, para evitar pedir responsabilidades, cal é o verdadeiro vínculo entre o Executivo Local e a empresa adxudicataria Construcións Taboada e Ramos S. L?", pregúntase.


Contigo Silleda advirte que “non imos desistir, o noso obxectivo é terminar coa “opacidade” no Consistorio, de continuar mareando a perdiz procederemos a solicitar data para a revisión do expediente onde sexa necesario. Non imos permitir que nos sigan tomando o pelo cobrando un soldo e gratuitamente".



0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page