Ecos da Comarca/Silleda
O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, faise eco do “desastroso comezo” da retirada da pasarela metálica elevada situada nas obras da nova rotonda á beira do cemiterio municipal de Silleda.

"Os operarios que están a levar a cabo os traballos non dispoñen, nin dos medios, nin dos elementos necesarios de seguridade para realizar as labores. Están “á sorte de Deus” realizando traballos a unha altura de case seis metros, sen medidas de seguridade ningunha, nin o “arnés de seguridade para traballos de altura”. Do mesmo xeito, que as botellas de propano que alimentan os elementos de corte, que están colocadas en calquera sitio, e sen as medidas de seguridade adecuadas, ao conter líquido altamente inflamable", asegura.
Ademais, insiste en que "están despezando a plataforma metálica en tramos tan grandes, que nin os medios mecánicos dos que dispoñen, poden sostela e retirala sen que se esborralle e impacte fortemente contra o chan, o que supón un considerable perigo, que algún traballador pase nese momento pola zona e o esmague. Podendo mesmo danar obxectos e elementos dentro do cemiterio. Nin o guindastre mecánico cumpre, nin cos elementos adecuados, nin garante a seguridade adecuada, para retirar os tramos metálicos. Se terminan as obras sen ningún accidentado, é de milagre”, considera Ramos.
Por todo isto, Contigo Silleda anima ao executivo a "facer máis política de rúa. Dende os despachos do Consistorio é difícil ver as “chapuzas e barbaridades” que fan nas obras".
Comments