top of page

Contigo Silleda denuncia "o mal estado no que se atopa a rúa Travesía do Campo"

Ecos da Comarca/Silleda

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, pide á Administración local de Silleda acondicionar a rúa Travesía do Campo: "fochancas con profundidade de máis de 10 cm, cheos de auga, asfalto completamente desfeito, reflicten a imaxe dun municipio completamente abandonado".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Este vial, sinala, "foi bacheado en varias ocasións, e as reparacións non duran máis de 15 días, non fan máis que tirar o diñeiro para saír do paso. Non é fácil de entender que o Concello dispoña da maquinaria suficiente para realizar estes traballos e con todo non dispón de persoal para poder realizar os traballos de mantemento de servizos de mantemento dos viais".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Contigo Silleda solicita que se repare o vial adecuadamente, "con roza, limpeza e acondicionado do firme e dotado cos servizos necesarios".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page