“O despotismo que desprende a incompetencia do goberno local de Silleda ocasiona prexuízos á veciñanza”, considera
Ecos da Comarca/Silleda
O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, demanda ao goberno local de Silleda que se rematen os traballos de limpeza e acondicionamento dun camiño público no lugar de Currospedriños, na parroquia de Refoxos. Sinala que hai dous meses que os restos de podas de árbores, raíces sen arrincar e lixo seguen amontoados no trazado do camiño podrecéndose e causando un grave impacto medio ambiental. "Outros restos de poda das árbores están a ocupar unha propiedade privada, á cal non se pode acceder", recalca. Tamén pon en coñecemento do Concello, que zonas do muro de peche da leira lindeira ao camiño, "derrubáronse pola negativa do Executivo hai sete anos a realizar os traballos de acondicionamento do camiño que se solicitou e se puxo en coñecemento do Concello".
Ramos insta o Concello que se no prazo de sete días, o camiño e a leira lindeira non están limpos e acondicionados debidamente “a título persoal procederei a iniciar os procedementos legais para culminar os traballos restantes”. Contigo Silleda pide o cesamento “fulminante” do responsable de obras e servizos municipais. "Non se pode permitir que un figurante do Goberno Local siga cobrando un soldo por “ ningunear” á veciñanza".
Comments