Contigo Silleda denuncia o "deterioro da Rúa do Castrelo"
- ecosdacomarca

- 13 abr 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, insta ao goberno local de Silleda a reparar “os buratos” da Rúa do Castrelo, que segundo el, hainos eb varias zonas da plataforma de firme da calle que enlaza a Rúa Venezuela e a Rúa Antón Alonso Ríos a poucos metros da Rúa Progreso.

“Presenta un estado moi deprimente, afundimentos, roturas de asfalto, sumidoiros atrancados, polo que consideramos que o sistema de canalización de pluviais non funciona. Acumúlase a auga en varias zonas causando tal desfeita. Hai baixantes das edificacións que evacuan a auga directamente ao asfalto, sen estar conectadas á rede de pluviais. Ademais o enorme chanzo que presentan as beirarrúas para acceder desde a rúa, non axuda moito para as persoas con pouca mobilidade e xa se produciron varias caídas", asegura esta formación política.
Así mesmo, Ramos subliña que "debido á altura das beirarrúas, teñen que recrecer cunha rampla de formigón para poder acceder aos garaxes das vivendas, o que tamén obstaculiza parte da calzada". Por este motivo, Contigo Silleda propón "provisionalmente e na maior brevidade posible, o mantemento dos servizos, a regularización das fochancas e a reforma íntegra da rúa".







Comentarios