top of page

Contigo Silleda denuncia “desorde monumental” na fase de pavimentación da nova rotonda en Silleda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, reprende con dureza e severidade ao goberno local de Silleda, por estar, segundo el, "máis centrados en organizar a súa campaña electoral de 2023 e en malgastar o diñeiro dos veciños que en supervisar e xestionar adecuadamente as obras da rotonda na EP 7201". Sinala que “se en varias ocasións denunciamos o infumable plan de traballo nas que avanzaban as obras de mellora da EP 7201 coa construción dunha rotonda nas inmediacións da Carballeira das Pedrosas, a guinda estanlla poñendo na recta final das obras. Os traballos de regularización e pavimentación do firme demostran unha vez máis o pouco interese do executivo en defender os intereses dos veciños".

Asegura que a "falta de sinalización, organización, desorde, e previsión, xeraron novamente o “caos” entre os condutores que circulaban pola zona, maquinaria de obra, persoal e vehículos embarullados na zona. O desvío provisional do tráfico polo núcleo urbano é a maior aberración que pode idealizar un goberno nunhas obras que non presentan ningunha complexidade para a súa execución". E ademais, insiste en que "segue habendo retencións e desorde cando se podían realizar os traballos sen causar o máis mínimo prexuízo e levan varios meses coa rotonda e o pobo “patas para arriba”. Están a utilizar o material de demolicións, para regularizar o pavimento, o cal non cumpre cos parámetros, nin as calidades que esixe o prego de condicións".

Por todo isto, indica que preguntará ao Concello "se vai deducir das certificacións os aforros en materiais, seguridade e sinalización das obras. Despois rompen as obras e ninguén é responsable de nada. Do mesmo xeito que os escalonamentos “rompecoches” que levan sete días sen regularizar", recalca Ramos.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page