top of page

Contigo Silleda denuncia "desbaraxustes e irregularidades na xestión do punto limpio"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

Contigo Silleda denuncia "desbaraxustes e irregularidades na xestión do punto limpo de Silleda". A formación que preside Julio Ramos no municipio asegura que leva tempo recibindo queixas de veciños "sobre o desastroso funcionamento do espazo físico destinado ao almacenamento e clasificación dos residuos voluminosos do municipio".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Acusa á UTE Geseco-Construcións Taboada e Ramos S.L. "de que estaría a incumprir, unha vez máis, as obrigacións contractuais sobre a recollida de aveños voluminosos e xestión do punto limpo municipal. A concesionaria dos servizos está levando a cabo un desconcerto nos días e horarios de apertura das instalacións da planta, hai días que lle corresponde abrir, e as instalacións permanecen pechadas e sen ningún operario no interior, esta desorde tamén se aprecia nos tramos horarios que a planta debería cumprir, e non esta cumprindo. Tanto horario de apertura, como de peche. A toda esta desorganizacion, hai que engadir o estado nas que se atopan as instalacións, zonas do peche perimetral esnaquizadas, onde calquera persoa pode acceder ao interior e subtraer residuos, aveños tirados en zonas do exterior da planta, amontoadas nos accesos ao interior, como neveiras, conxeladores, xoguetes, mobles, garrafas de aceite de vehículos e tubaxes de PVC".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Contigo Silleda sinala que "os usuarios chegan, atopan as instalacións pechadas e depositan os aveños nos exteriores. Semella mais unha chatarrería, que unha planta de reciclaxe". Contigo Silleda culpa á corporación municipal da desorde municipal, e insta ao PP e BNG "a que presente unha moción de censura á alcaldesa, e así poidan demostrar, que os veciños están por encima dos seus intereses e rifirrafes políticos".





0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page