Contigo Silleda denuncia “as comedias e o pasotismo político de Silleda”
- ecosdacomarca
- 15 abr 2024
- 1 Min. de lectura
Alerta "do perigo que supón a estrutura do lavadoiro de Xestoso"
Ecos da Comarca/Silleda

Contigo Silleda denuncia “as comedias e ou pasotismo político de Silleda”. Sinala que "hai varios meses que os veciños de Xestoso, alertaron ao Goberno Local de Silleda do perigo que supón a estrutura do lavadoiro de Xestoso, debido a que un camión deulle un golpe a un dos piares de formigón que suxeita o teito do lavadoiro do lugar. A pesar do perigo que supón de que en calquera momento póidase derrubar a estrutura de formigón e poida causar danos, tanto a persoas como animais, que frecuenta a fonte, o Concello nin se preocupo de sinalizar, nin tampouco reparar os danos causados".
Publicidade
"A policía local do municipio tampouco se preocupo moito de analizar o problema. Nas dúas ocasións que visitou a zona, dixo que non valía a pena nin sinalizar, que non había perigo algún. No ano 2019 o goberno que preside Paula Fernández comprometeuse a restaurar o lavadoiro, cinco anos despois está a caer".
Publicidade
O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, recomenda ao Goberno Local de Silleda que coloquen un valado perimetral de seguridade e inicie os traballos de reparación. "De non tomar as medidas necesarias, será a propia formación quen tome as medidas oportunas", adianta.
Comments