top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Contigo Silleda demanda a remodelación, renovación e acondicionamento dos parques infantís da vila

Laura Moure/Silleda

O Presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, reclama a atención do goberno local de Silleda tocante ao estado dos parques infantís municipais. "O investimento que durante anos destinouse á instalación de parques infantís no concello de Silleda en núcleos rurais e urbanos están afectados a maioría polo estado de abandono e deterioración nas que se atopan", asegura. "A normativa europea de calidade establece unha serie de esixencias en materia de seguridade, nos elementos de xogos non deben apreciarse zonas de superficies con astillas, roturas, deformacións, cambios de dimensións apreciables, nin en asentos, plataformas ou estruturas, igual que a conservación, calidade, limpeza e hixiene, así como a estado da área que circunda ao parque", apunta.


Ademais, lembra que "a superficie sobre a que poidan caer os menores no uso dos elementos de xogo (superficie de impacto) serán de materiais brandos. Do mesmo xeito, que debe haber paneis informativos lexibles e visibles. Estas son algunhas das medidas de seguridade que recolle o Decreto 245/2003, onde se establecen as normas de seguridade nos parques infantís". Contigo Silleda sinala que a maioría dos parques infantís de uso público no municipio "atópanse sucios, con roturas, deterioracións, aspecto fósil, con astillas, incumprindo totalmente a normativa vixente". Ante isto Ramos propón ao executivo local de Silleda destinar unha partida orzamentaria para todos os parques infantís que así o precisen de uso público municipal, para renovar e remodelar as súas instalacións, que deberán estar accesibles para persoas discapacitadas. Ademais, pregunta se a administración dispón dos certificados de inspeccións e revisións anuais por técnicos competentes, con formación acreditada segundo a norma UNE-EN 1176-7:1998.

Un dos parques que critica Contigo Silleda.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page