Ecos da Comarca/Silleda
O presidente de Contigo Silleda, Julio, Ramos solicita máis “vixilancia” das autoridades das Corporacións Municipais e faise eco do “caos de circulación” que se ocasiona a miúdo nas rúas do municipio.
"Puidemos comprobar nos núcleos urbanos do concello de Silleda que o servizo de ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico de acordo co establecido nas normas de circulación, cando os medios necesíteno, non se esta levando a cabo adecuadamente polo órgano de vixilancia e custodia municipal. Está “dado de baixa definitivamente". Indica que existen varias zonas para carga e descarga onde fixan o horario reservado exclusivamente para realizar as tarefas dos transportistas e que "en moitas ocasións vense obrigados a obstaculizar o acceso vehicular a outras rúas, e mesmo obstaculizar o carril de circulación, obrigando aos demais vehículos a deterse e provocar retencións e desavinzas, por haber vehículos estacionados dentro do tramo horario, nas zonas reservadas como estacionamento de carga e descarga. Do mesmo xeito, pode verse estacionamentos en dobre fila, interrompendo e obstaculizando a circulación dos demais condutores".

Por todo isto, considera que "non estaría de máis que a Policía Local de Silleda (que neste caso compételle) realizasen a pé de rúa e periodicamente a vixilancia de tráfico nos núcleos urbanos e así poder regular adecuadamente a mobilidade vehicular. Solicitaremos tamén os expedientes presentados pola Policía Local no Consistorio do mal estado nos que se atopan rúas, beirarrúas e servizos municipais".
Así mesmo, Contigo Silleda demanda ao Goberno Local de Silleda información sobre o estado e funcionamento do departamento municipal de Seguridade Cidadá.
Komentar