"Non utilizaron os materiais adecuados para conservar o aspecto paisaxístico da zona", acusa o presidente Julio Ramos
Ecos da Comarca/Silleda
Contigo Silleda denuncia os traballos realizados na contorna da fonte pública no lugar de Barro, na parroquia de Siador. O seu presidente, Julio Ramos, tilda de "chapuceiros e ocupas" ao goberno local de Silleda.
Ramos sinala que os traballos de acondicionamiento realizados recentemente nunha parte
da zona da fonte en Barro "é un insulto aos veciños". "Rasparon a capa superficial de vexetación e botaron formigón na metade da superficie dos aledaños de ben municipal,
sen realizar os correspondentes traballos de saneos e acondicionamento adecuados da
zona afectada polos traballos. Non utilizaron os materiais adecuados para conservar
o aspecto paisaxístico da zona. Tiraron un par de metros cúbicos de formigón para facerse
ver e a correr. Cada chapuza que fan queda mal, a medias e cóstanos diñeiro”, recalca Ramos.
Contigo Silleda insta ao Concello a que acondicione os 44 m/2 de superficie restante nas condicións que esixe a zona. "Mentres se gastaron 50.000 euros no lavadoiro de Reboredo na parroquia de Taboada, a fonte de Barro queda a medias por pouco máis de 500 euros. Vergonza lle debería dar", conclúe Ramos.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments