top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Contigo Silleda califica de “cómico e maquiavélico” a renovación do goberno de Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, considera que o goberno local de Silleda "quérennos confundir coa remodelación das concellerías. Cóntannos que coa saída de Klaus Brey e a entrada da exalcaldesa (con moción de censura) Paula Pena, vai suprimir un soldo de nóminas municipais. Cando realmente non é tal cal nolo contan".

Ramos considera que "co “xogo” da nova remodelación de actores non se chegou a suprimir ningún soldo, simplemente realizaron un cambio de “peóns no taboleiro de xogo”, para ir preparando a campaña de recollida de “votos” para os próximos comicios electorais no municipio", apunta. “Empezan con antelación a campaña electoral polo que os soldos seguirán sendo sete concellerías, coa sorpresa de calquera aumento salarial coa nova entrada no goberno". Ademais e ngade que "o cambio de concelleiros e posicións vese claramente que está condicionado pola estreita relación entre o rexedor e a actual incorporación, e como non pola diferenza económica que percibe cada concellería".


Contigo Silleda insta o executivo "a ser “máis serios" e non tentar vender “fume” coa nova remodelación do goberno. Utilizando o “poder e submisión” para cumprir os obxectivos e cadrar un goberno familiar a medida, ao máis etilo “xogo de tronos”".




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page