Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Contigo Silleda anima ao Concello a incrementar as inversións no rural ao 100%

Cuestiona unha vez máis os investimentos que se están realizando na fonte de Barro, situada na parroquia de Siador


Ecos da Comarca/Silleda

Contigo Silleda anima ao Concello a incrementar os investimentos no rural o cento por cento. En concreto, o presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, cuestiona por enésima vez os investimentos “a conta gotas” que o goberno local de Silleda está realizando na “famosa fonte” situada no lugar de Barro, na parroquia de Siador.


“A veciñanza de Barro quere que se lle “acondicione” a fonte en condicións. Puidemos comprobar que algunha das propiedades próximas á fonte, están a asolagarse debido a que as augas non están ben drenadas e canalizadas á presa de evacuación o que ocasiona un prexuízo sen necesidade", asegura. "Hai pouco máis dun mes tiraron tres metros de formigón na metade da superficie da zona común da fonte, quedando a outra metade chea de broza, sen acondicionar, nin nada e resulta que agora queren botarlle unha carretilla de formigón pola parte traseira da fonte. Parece coma se o Executivo estivéselle “mendigando” o voto aos veciños: “unha carretilla de formigón, un voto”,

apostila Ramos.

Contigo Silleda propón ao Concello acondicionar integramente este ben público. "A paraxe onde se atopa situada require un acondicionamento en condicións e é necesario utilizar materiais non agresivos co medio ambiente", subliña.

97 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE