Insta ao executivo que actúe con responsabilidade, poña en coñecemento da administración que competa, para supervisar a zona e actuar da maneira que proceda
Ecos da Comarca/Silleda
O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, alerta ao goberno local de Silleda, da aparición de deformacións na Nacional 525, próximo ao semáforo do cruzamento da Avenida do Parque, no carril dereito dirección Lalín, ao seu paso polo núcleo urbano de Silleda. "As alteración do pavimento de firme atópanse en dúas zonas da calzada, pegada á liña divisoria da zona de aparcamento e unha lonxitude continua de aproximadamente uns 30 metros, aparenta unha conexión entre os dous blandones".
O presidente, Julio Ramos, sinala que na marxe dereita, moi próximo ás alteracións do pavimento está instalado paralelamente a rede de saneamento e pluviais. "É posible que poida existir algunha rotura ou fuga na instalación das canalizacións, exista acumulación de augas na zona, filtracións superficiais, reblandecimiento do terreo, esnaquizando o paquete de firme, formando afundimentos no pavimento e termine ocasionando un perigo para o tráfico rodado e as edificacións próximas". Ademais, incide en que "independentemente dos danos que poidan sufrir as instalacións e servizos na beirarrúa, é posible que se produzan atascos nos colectores en épocas de choivas torrenciais, debido á falta de mantemento". Contigo Silleda, insta ao executivo que actúe con responsabilidade, poña en coñecemento da administración que competa, para supervisar a zona e actuar da maneira que proceda.
댓글