top of page

Conta atrás para a dobre cita feiral de Enerxétika e ExpoMunicipal, que se celebra en Silleda

A cita será do 25 ao 27 de marzo na Feira Internacional de Galicia Abanca


Laura Moure/Silleda

A dobre cita feiral do salón de enerxía Enerxétika e o certame de servizos municipais ExpoMunicipal abrirá as súas portas exactamente nun mes, xa que terá lugar do 25 ao 27 de marzo. Tras considerar os seus respectivos sectores que a súa celebración paralela en

2024 supuxo un acerto polos seus obxectivos comúns e gran capacidade de crear sinerxías, o recinto Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda formulou de novo este

evento de maneira conxunta para este ano e ultima xa os seus preparativos.

Así, a quinta edición de Enerxétika prepárase para ofrecer unha plataforma única para xerar negocio, intercambiar experiencias, poñer en valor o I+D+i e ser escaparate da transformación do sector. No salón converxerán todos os ámbitos e tipos de enerxía, dende convencionais e renovables ata eficiencia enerxética, mobilidade sostible, material e equipos para instalacións, electrónica industrial, iluminación, servizos ou formación. E xa son moitas as empresas e entidades que confirmaron a súa presenza na área expositiva para mostrar o presente e o futuro do sector.


Pola súa banda, a segunda convocatoria de ExpoMunicipal dará resposta ás necesidades e retos dos municipios e entidades territoriais ante o actual escenario social, o cal esixe cidades máis sostibles, eficientes, accesibles, seguras e verdes. Será así unha cita esencial para que as Administracións Locais coñezan todas as solucións que as empresas ofrecen para satisfacer as necesidades dos seus cidadáns, contándose xa para a súa área expositiva con destacas empresas de mobiliario urbano, limpeza, ciclo da auga, xestión e tratamento de residuos, medio ambiente, obra pública, sinalización, xardinería e paisaxismo, instalacións deportivas e de lecer, xestión cultural, venda de maquinaria, subministracións ou consultoría, entre outros.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Programas de alto valor

Ás áreas expositivas de Enerxétika e ExpoMunicipal sumaranse actividades de gran interese para os sectores implicados pola súa capacidade na transferencia de coñecementos.


En canto a Enerxétika, as xornadas técnicas seguirán sendo protagonistas, con temas de máxima actualidade abordados por recoñecidos relatores. Engadiranse presentacións, talleres, encontros, unha área divulgativa para o público xeral, probas de vehículos con combustibles alternativos e o SIE – Salón da Innovación Enerxétika, un espazo que poñerá en valor a aposta pola innovación, a sustentabilidade, o desenvolvemento de enerxías renovables e a eficiencia enerxética.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Pola súa banda, ExpoMunicipal incluirá xornadas con temáticas de gran actualidade na xestión municipal. Engadirá presentacións e demostracións que permitirán comprobar in situ as utilidades de distintos produtos, servizos e sistemas expostos na feira.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page