Conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura chegan a Monterroso cos despregues 4G e 5G
- Laura Moure
- 16 jun 2022
- 2 Min. de lectura
A nova tecnoloxía permitirá desfrutar de servicios de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios e ampliará a extensión xeográfica
Laura Moure/Monterroso
As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que durante as vindeiras semanas realizarán en Monterroso o proceso de implantación dos servicios de
telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 y 700 MHz, respectivamente, o que permitirá aos monterrosinos desfrutar de conexións móbiles de alta
velocidade cunha mellor cobertura no nterior dos edificios e maior extensión xeográfica, tal e como informa o Concello.

Coa nova rede móbil ábrese a porta a innovadores servicios e aplicacións, ademais de
proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos (fotos, música o contidos audiovisuais de alta definición) ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións online, como os videoxogos.
A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce dúas melloras fundamentais: A primeira é solucionar a problemática da orografía onde tradicionalmente falla a cobertura e a segunda é que vai a ser posible a cobertura en interior de edificios onde ata o de agora non chegaba como por exemplo casas de pedra. Ademais vai a permitir mellor a conexión a nivel empresarial en todos os recunchos do concello.
Para levar a cabo este proceso e garantir a compatibilidade da rede móbil de nova xeración e a TDT, a entidade xestora encargada de ofrecer os servicios que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 y 700 Mhz, respectivamente e a recepción del servicio de TDT será Llega700. Para garantir esta compatibilidade, Llega700 presta aos monterrosinos unha serie de servicios
gratuítos que inclúe un procedemento correctivo tras o acendido das estacións, polo que
Llega700 encargarase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen custe algún.
Para xestionar estos servizos, poderase chamar ao teléfono de atención gratuíto 900 833 999 ou a través da web www.llega700.es
Dende o Concello de Monterroso agradecen a colaboración neste senso e o gran avance que vai a supór mellorar a conexión. Recalcan que se está a traballar arreo para mellor a conexión neste senso e tamén colaborando para que a fibra chegue a gran maioría dos fogares, na que actualmente xa chega a máis do oitenta por cento da poboación. A alcaldesa, Rocío Seijas, destaca que é imprescindible ter unha boa conexión para que "Monterroso siga na línea de crecemento e asentamento de poboación".
Comments