top of page

Condenados a 17 meses de prisión dous gandeiros de Melide por deixar morrer a máis de 30 cabalos

Ecos da Comarca/Melide

O Xulgado do Penal número 2 da Coruña condenou a dous gandeiros de Melide a 17 meses de prisión e catro anos de inhabilitación para a tenencia e coidado de animais por deixar morrer a máis de 30 cabalos e outros equinos.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O fallo recoñece que ambos os acusados eran propietarios dunha instalación gandeira en Melide na que convivían cabalos, poldros, ponis e mulos de ambos, aos que mantiveron “nunha situación de subalimentación constante, sucidade, falta de auga e falta de espazo de hixiene”. “Mantiveron de maneira consciente e voluntaria a decenas de animais nunhas condicións absolutamente incompatibles cunha existencia minimamente digna para os mesmos”, apunta.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Partido Animalista Pacma, que esixira unha "condena exemplar", considera que a pena imposta non responde á magnituda do maltrato sufrido e que os acusados deberían ser xulgados por outros delitos, como o de grupo criminal, delito ecolóxico e falsedade documental no caso dun deles.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page