Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Concorrido concurso de disfraces en Arzúa no que participaron persoas de distintas zonas de Galicia

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organizou para esta pasada fin de semana a actividade central da programación do seu Entroido. Onte domingo esta localidade albergou por todo o alto o Concurso de Disfraces que fixo á xente desfrutar dun certame moi concorrido tanto de concursantes como de público. O Concello de Arzúa repartiu máis de dous mil euros entre os gañadores do concurso, distribuídos en 11 premios.


Na modalidade de comparsas resultaron gañadores “Os gaitistas de Hamelin”, que chegados dende Ordes levaron o primeiro premio de 550 euros; “A queimada” de Curtis e

Vilasantar e “Tribu Musdama” desde Castro de Rei acadaron o segundo e o terceiro posto, dotados de 300 e 150 euros, respectivamente.


No apartado de grupos de entre dous e oito compoñentes, “Érase unha vez...Pinocho” de Viveiro alzouse co primeiro premio de 300 euros, “Os elefantes carnavaleiros” de Toques co segundo de 200 e “Maria e Luigi á carreira” chegados do concello veciño de O Pino co terceiro, dotado de 120 euros.


Os disfraces individuais tamén se premiaron con 120 e 80 euros no apartado infantil e adulto. No primeiro resultou gañador o disfraz “Kaiju” vestido por Álex de quince anos desde A Coruña e o segundo premio foi para “A dama antiga recicladora” de Sabela de oito anos, chegada desde Santiago de Compostela. No que respecta aos disfraces adultos, os premiados foron “O dragón máxico da reciclaxe” de Monforte de Lemos e “Godzilla” de Vilagarcía de Arousa que conseguiron o primeiro e segundo posto, respectivamente.

Un dos participantes este domingo en Arzúa.

Un ano máis, o Concello incluíu no certame un premio especial denominado “Simpatía” que ía dirixido a un grupo ou comparsa local que non resultara premiado nas categorías anteriores. A comparsa “A cachucha agarimosa” fíxose con este galardón. Esta comparsa foi a máis numerosa composta por máis de sesenta compoñentes dende o Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa.

En total achegáronse a Arzúa máis de 170 participantes tanto de Arzúa como de outros concellos que fixeron desfrutar a un Multiusos Terra do Queixo que completou o aforo dispoñible nestes tempos. "Dende o Departamento de Cultura amosáronse moi satisfeitos polo alto nivel de participación e pola calidade dos disfraces a pesares das circunstancias actuais que estamos a vivir a causa da pandemia e quere agradecer a implicación de todos os concursantes, así como a asistencia do público e o labor do xurado".


A programación do Entroido organizada polo Departamento de Cultura continúará a vindeira fin de semana con animación musical, un contacontos musicado e a festa familiar na tarde do martes.

55 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE