top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Conclúen as obras de mellora da Fonte da Quenlla en Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

O Concello de Arzúa anuncia a finalización das obras de acondicionamento e recuperación da histórica Fonte da Quenlla, situada no Viso, na parroquia de Santa María. Este proxecto, pensado para preservar e poñer en valor un espazo tan importante para a comunidade, inclúe a restauración dos muros de pedra, o saneamento do sistema de augas, a instalación de bancos integrados e un panel coa lenda da fonte.


Publicidade

Begoña Balado, concelleira de Turismo e Promoción Económica, celebra a recuperación deste espazo. “A Fonte da Quenlla é parte fundamental do noso patrimonio. Recuperamos non só unha fonte, senón un lugar de encontro e unha tradición que se transmitiu ao longo dos anos. Este proxecto reflicte o compromiso de Arzúa co seu pasado e co benestar dos veciños, que agora dispoñen dun espazo mellorado para recoller auga e socializar.”


Publicidade

Con esta intervención, o Concello de Arzúa reafirma o seu interese en conservar e revitalizar os espazos tradicionais que enriquecen a identidade e o patrimonio cultural da vila.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page