Terán lugar mañá, venres 16, co obxectivo de dar a coñecer a música a todos os nenos do municipio
Ecos da Comarca/Silleda
A Escola de Música Municipal de Silleda, en colaboración coa Banda de Música Municipal de Silleda e o Concello de Silleda, no afán de dar a coñecer a música a tódolos nenos de Silleda, organiza este venres 16 de xuño, como xa é tradicional, os concertos didácticos.
Os concertos van ter lugar no Auditorio da Semana Verde de Galicia, no seguinte horario:
• Ás 11:15 horas para o alumnado de Primaria do María Inmaculada.
• Ás 12:10 horas para o alumnado do CEIP de Silleda.
Os colexios que participan son o CEIP de Silleda e o Colexio Mª Inmaculada de Silleda.
Prazo de matrícula
Por outra banda, lembrar que a Escola de Música de Silleda (Centro de Silleda), ten aberto o primeiro prazo de matrícula, ata o día 30 de xuño, polo que quen este interesado pode
acercarse pola Escola de Música de Silleda, na Avda. Recinto Feiral, 15, ou contactar con ela a través do teléfono 986 592 004, para recibir toda a información necesaria, en horario de 16:00 a 21:00 horas.
Comments