top of page

Concentracións de repulsa nas comarcas polo asasinato dunha muller na Coruña a mans do seu home

Azos Feministas de Lalín convoca outra para mañá, mércores


Ecos da Comarca/Deza

Concentración hoxe ante o Consistorio de Silleda.

O pasado sábado un home de 76 anos foi detido na Coruña como presunto asasino da súa muller, de 74. Segundo declaracións do Ministerio de Igualdade, este terrible suceso produciuse o vernes e xa 28 o número de vítimas mortais de violencia de xénero este ano e son 1.272 a cifra dende que se empezaron a contabilizar en 2003. Este martes, houbo varias concentracións de repulsa, como foi o caso dos Concellos de Silleda e Lalín. Ademaiss, Azos Feministas de Lalín convocan unha concentración para mañá, mércores, día 7.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Como dicimos, o Concello de Lalín convocou este mediodía unha concentración de repulsa polo asasinato dunha muller no barrio coruñés de Labañou. A tenente alcalde, Paz Pérez, indicou que "con esta concentración queremos manifestar o rexeitamento contra esta lacra que é a violencia machista. Esta é a segunda vítima mortal en Galicia no que vai de ano e xa son 28 o número de vítimas mortais da violencia de xénero en 2024 e 1.272 mulleres asasinadas polas súas parellas desde que comezaron os rexistros cando se implantou o sistema VioGén de seguimento integral dos casos de violencia en 2003. Recordamos que o teléfono gratuíto 016 atende a todas as vítimas de violencia machista durante as 24 horas do día e que no Concello de Lalín temos o Centro de Información ás Mulleres (CIM) e a Oficina de Igualdade a disposición de todas as persoas que precisen asesoramento e acompañamento ante situación de violencias machistas, así como as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Azos Feministas convoca unha concentración para mañá, mércores 7 de agosto, ás 20:30 horas no Km0 en Lalín.

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page