Concentración no CEIP de Arcediago, Santiso, para protestar polos recortes en educación
- Laura Moure / IsmaelRS
- 25 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/IsmaelRS/Santiso

Este martes pola tarde tivo lugar unha concentración ante o colexio de Arcediago, no concello de Santiso. Estivo convocada pola Asociación de Nais e Pais do centro, a ANPA A Xuntanza. Protestan polos recortes en educación. "Este ano aumentou a matrícula do cole, grazas ao esforzo e á implicación das familias, e desdobrouse a aula de infantil.
Como resposta, a Consellería de Educación eliminou a praza da mestra en audición e linguaxe, moi necesaria para as crianzas con necesidades específicas, que quedan desatendidas", sinala a ANPA.
Publicidade
ECOS DA COMARCA estivemos alí e falamos con Celsa Salgado, presidenta da ANPA, e con Diego Rodríguez, un dos pais do centro.
Comments