Concentración este martes no colexio de Arcediago, Santiso, polos recortes no ensino público
- ecosdacomarca
- 23 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Santiso

A ANPA A Xuntaza do CEIP Arcediago de Santiso, precisa da nosa axuda. "Este ano aumentou a matrícula do cole, grazas ao esforzo e á implicación das familias, e desdobrouse a aula de infantil. Como resposta, a Consellería de Educación eliminou a praza da mestra en audición e linguaxe, moi necesaria para as crianzas con necesidades específicas, que quedan desatendidas". Ante isto, este martes haberá concentracións en distintos centros, entre eles no colexio de Santiso, para protestar polos recortes no ensino público.
Publicidade
O Concello de Santiso súmase a manifestación convocada pola Asociación de nais e pais do CEIP de Arcediago. "Desde esta canle facemos un chamamento á veciñanza para que asista este martes, 24 de setembro, ás 16:00 diante do colexio", sinala o Concello.

Comments