top of page

Comuneiros do monte veciñal de Currospedriños, en Silleda, denuncian accións ilegais nesta zona

Ecos da Comarca/Silleda

Comuneiros do monte veciñal en man común de Currospedriños, na parroquia

de Refoxos, en Silleda, denuncian que estes días apareceu tirado nunha das

parcelas do monte da mancomunidade un rulo de silo de herba para o gando

en estado de descomposición.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Dado que a Comunidade de Montes, non manexa esta clase de alimentos para o gando, pódese supoñer que alguén o abandonou na parcela, coa intención de desfacerse do rulo", lamentan.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais, a comunidade sinala que "queremos aproveitar para denunciar que se están a levar a cabo nas parcelas do monte, tarefas ilegais, non autorizadas, nin aprobadas en asamblea e sen ningín tipo de acordo veciñal, nin legal. Pedimos tanto a persoa que deixou o rulo de silo no monte, que o retire o antes posible, para evitar ter que presentar denuncia, do mesmo xeito advertidos a persoa que está a realizar tarefas ilegais no monte, que desista para evitar pedirlle responsabilidades, ante os organismos competentes".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page