top of page

Compromiso por Lalín pregunta por que non se lle está pagando o IVE polo leite as gandeiros da zona

Ecos da Comarca/Lalín

O responsable de Gandería de Compromiso por Lalín, Fernando Vilariño, pide que se dean explicacións inmediatas de por que non se lle está a pagar aos gandeiros da zona o IVE polo leite que lle venden ás distribuidoras.

Rafael Cuiña e Fernando Vilariño de Compromiso por Lalín.

Sinala que esta situación prolóngase dende o pasado 1 de xaneiro, cando se empezou a aplicar a rebaixa do IVE aos alimentos básicos nos supermercados. Dende aquela, as empresas transformadoras deixaron de repercutirllo aos gandeiros e gandeiras.


“Pasaron dous meses e a día de hoxe ninguén sabe cal é o motivo disto, nin como nin cando se vai facer efectivo ese concepto”, lamenta Vilariño. Ao mesmo tempo, comparte a opinión de moitos gandeiros, que non entenderían que a rebaixa do IVE dos alimentos acabase recaendo sobre eles.


Considera que é “urxente” que os afectados reciban explicacións canto antes porque esta situación afecta de maneira directa á xestión das explotacións e á planificación económica de moitas familias en Lalín. “Existe unha preocupación pola falta de información á que cómpre darlle resposta”, subliña.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Nesta liña, apela a que tanto administracións públicas como cooperativas e sindicatos “se poñan as pilas” e busquen esas información para resolver todas as dúbidas que existen sobre este asunto. “Queremos saber se se vai pagar a tres ou a seis meses ou a ano vencido, ou que se pensa facer exactamente con esta cuestión”, di Vilariño. “O que non é normal”, conclúe, “é que se adopte unha decisión sen nin sequera informar aos gandeiros”.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page