top of page

Compromiso por Lalín pide explicacións polo "uso partidista dos medios oficiais do Concello"

Ecos da Comarca/Lalín

O membro da executiva de Compromiso por Lalín, Tito Fernández, pediulle este luns ao goberno de Crespo Iglesias que dea explicacións polo “uso partidista dos medios oficiais do Concello”. Como máis recente exemplo deste “uso indecente” das institucións públicas en beneficio dunha formación política, Tito Fernández menciona a recente reunión sobre a “gran praza”. Os carteis nos que se convocaba a este acto á veciñanza estaban elaborados polo Concello de Lalín, tal e como recalca.

Tito Fernández, Rafael Cuíña e Miguel de Medela de Compromiso por Lalín.

"Neles, co escudo oficial do Concello, anunciábase a participación do alcalde, José Crespo, e dun técnico municipal. Porén, a convocatoria só se fixo pública a través das redes sociais do Partido Popular de Lalín e, en ningún caso, a través das do propio Concello de Lalín", subliña.


“Tratábase dun acto oficial do Concello ou dun mitin do Partido Popular?”, pregunta Tito

Fernández. ç2En calquera caso, queda claro que se están a empregar medios públicos para intereses particulares e, o que resulta máis triste, se está tratando de enganar á xente con este tipo de manobras”. Tamén pregunta en calidade de que algún exconcelleiro do Partido Popular foi percorrendo comercios da vila solicitando a asistencia a este acto. “Para o PP, parece que chegamos ao punto en que calquera membro desta formación pode falar en nome do goberno”, lamenta. Nesta liña, Tito Fernández sostén que “o PP volve confundir unha vez máis de maneira espuria a Institución, é dicir, o de todos e todas, co Partido. Estamos outra vez ante unha evidente falta de ética política e dunha mostra de como entende o PP a xestión pública, na que priman os seus intereses electorais por riba dos intereses xerais”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por último, Tito Fernández fai un chamamento a que se manteñan "as formas para evitar este tipo de confusións mal intencionadas e que non se volva caer en vellas prácticas, como cando no anterior mandato se descubriu numerosa documentación que demostraba que dende os ordenadores do Concello se estaban a facer as campañas electorais do Partido Popular".

1 Comment


josesilvarico082
Feb 28, 2023

Solo sabedes criticar pero desde que bolveu crespo bense fritos e con bos solo se bian malas palabras.Xa non bos acordades .desde CXL pesoe e que non falte o bloque.sodes a puta ruina de lalin deixade traballar a quen o fay .bos po monte a guardar bacas que nin pa eso baledes.polo menos faladeye ben a xente que nos somos os que

Like
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page