top of page

Compromiso por Lalín e o BNG piden unha Comisión Municipal para elaborar unha ampla peonalización

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ademais, demandan a posta en marcha das medidas que recolle o informe financiado con cartos públicos á AED, feito polo señor Bouzón


Ecos da Comarca/Lalín

Compromiso por Lalín e o BNG propoñen a creación dunha Comisión, integrada polos distintos partidos políticos que conforman a corporación municipal, técnicos e distintas asociacións do Concello lalinense "para poñerse a traballar urxentemente na elaboracións dun plan de mobilidade que avale e dote de viabilidade unha ampla peonalización, con

diferentes grados, nas rúas do casco urbano de Lalín".


Sinalan que nas actuais circuntancias é fundamental que primen as persoas por riba dos coches, para permitir a distancia social." É por isto que propoñemos unha peonalización ambiciosa, na que os condicionantes urbanos de cada rúa e a visión global de vila e tráfico marque até onde pode chegar. Para concretala propoñemos distintos niveis de actuación: desde rúas onde se poderá aplicar unha humanización completa; outras nas que se

supriman os estacionamentos laterais ampliando así a beirarrúa ou outras rúas onde o idóneo sexa suprimir un carril de circulación, deixándoas de sentido único, gañando así este espazo para os peóns nun casco urbano tan macizado como é o noso", explican.

A vila de Lalín.

Apuntan que son medidas que están sendo tendencias nos distintos concellos de todo o

mundo, e que no caso de Lalín, debido á numerosa e gratuíta oferta de prazas de estacionamento en distintas zonas do casco urbano, "non máis distanciadas a dous ou tres minutos do centro da vila, fan que teñamos as bases perfectas para poñer en marcha esta proposta que facemos".


Ademais, lembran que outra medida tomada polo goberno anterior, foi a compra do párking, "que estaba pechado ante a inacción do goberno do PP, e que foi posto a

disposición dos veciños e veciñas de Lalín e visitantes, deixando aínda con máis facilidade o aparcamento no centro da Vila, xunto co párking da Plaza de Abastos".


Así mesmo, recalcan que "do mesmo xeito, financiouse á AED un estudio feito polo señor Bouzón, que deixaba claro que os procesos peonís son beneficiosos para o futuro do Comercio e Hostalaría, na liña do que vén facendo o goberno de A Estrada. Tomamos medidas como o proxecto de humanización das rúas Loriga e Principal, rebaixadas en ambición agora polo goberno do PP, e a remodelación da Praza de Abastos. O actual goberno leva unha liña absolutamente diverxente co proxecto de Bouzón, co agora silencio

cómplice da AED, cuxos directivos ao anterior goberno esixíanlle a implantación das medidas do informe".


Por estes motivos, o CXL e BNG de Lalín solicitan do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte acordo: a creación dunha Comisión Municipal para elaborar unha ampla peonalización con diferentes grados nas rúas da vila de Lalín e a posta en marcha das medidas que recolle o informe financiado con cartos públicos á AED, feito polo señor Bouzón.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page