Con esta última incorporación, todos os servizos están xa na sede da rúa Progreso, unificando e centralizando a atención á veciñanza
Laura Moure/Silleda
O Xulgado de Paz e Rexistro Civil de Silleda están xa dende este sábado na nova Casa do Concello, sita na rúa Progreso 41. Estas dependencias ocupan un dos espazos da planta baixa do novo edificio, tamén con acceso dende a rúa Morón.
Con este último traslado queda xa completada a unificación de todos os servizos municipais, dado que a autorización da Xunta para facer o traslado do Xulgado e Rexistro Civil (que dependen da Administración autonómica) chegou nos últimos días.
Publicidade
Deste xeito, dende o vindeiro martes día 2, o personal destes centros atenderán tamén na nova casa consistorial, onde xa están todos os servizos municipais centralizados para unha mellor atención á veciñanza.
O Xulgado de Paz está na mesma planta onde se ubican a Policía Local, Rexistro e Padrón, Urbanismo e a recepción de Servizos Sociais.
Publicidade
Na primeira planta están ademais da Alcaldía e concellerías os despachos técnicos, Intervención, Secretaría e Oficinas Xerais, e na segunda e última planta están os Servizos Sociais, ademais do salón de Actos e Salón de Plenos.
“Con este último traslado, que organizamos en canto a Xunta deu a súa autorización, dase por completada a fase de unificación e centralización de todos os servizos municipais”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
Publicidade
Aparcamento e acceso dende a rúa Morón
Así mesmo, lémbrase que o novo edificio conta tamén con aparcamento para as persoas usuarias na parte traseira do Concello (entrando pola rúa Morón), para facilitar , sobre todo, o acceso á veciñanza que se traslada dende o rural ou persoas con problemas de mobilidade.
Comments