top of page

Comezaron o curso de Musicoterapia xerontolóxica a través do programa 'Silleda Activa'

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A iniciativa da Concellería de Benestar Social arrancou este luns en Silleda e hoxe iniciaránse as sesións no Centro Social dos Maiores da Bandeira


Laura Moure/Silleda

Este luns deron comezo as sesións de Musicoterapia Xerontolóxica, unha actividade enmarcada no programa Silleda Activa, posto en marcha dende a Concellería de Benestar Social, que dirixe Ángela Troitiño.


Estas sesións, nas que xa hai lista de agarda, celebranse este ano no Centro Social de Silleda os luns e mércores con dúas quedans ( de 10:00 a 11:00 e de 11:30 a 12:30) e os martes e xoves outra sesión de 10:00 a 11:00 no Centro Social da Bandeira, onde as clases comezan mañá. Así mesmo en Silleda tamén se oferta ximnasia de mantemento, con

sesións que se celebrarán os martes e xoves de 10:15 a 11:00 horas.

Ademais dende o departamento estableceuse un protocolo cas medidas hixénico sanitarias relativas a estas iniciativas, nas que se establece un máximo de participantes. “En función de como evolucione a situación epidemiolóxica, valoraremos a posibilidade de retomar outras actividades e obradoiros do programa”, indica a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño.


A musicoterapia ofrece múltiples beneficios a nivel cognitivo e conductual, mellorando entre outros a coordinación, o equilibrio ou a forza muscular.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page