top of page

Comezaron as obras de mellora e ampliación da estación depuradora de auga potable en Palas de Rei

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei comenza as obras de mellora e ampliación da estación depuradora de auga potable de Palas de Rei. Con esta actuación preténdese incrementar o caudal de bombeo nun 20% e así mesmo evitar os problemas de turbidez os días de tormenta. A inversión suporá perto de 50.000 euros que serán sufragados integramente por Augas de Galicia.


A depuradora de Palas de Rei ten capacidade para prestar servizo aos máis de 3.000 veciños/as de Palas de Rei, así como tamén, aos diferentes peregrinos, que fan uso das augas ao seu paso polo Camiño de Santiago nesta localidade.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page