Comezan os cursos de natación nas piscinas de Silleda e superanse os 110 participantes
- ecosdacomarca
- 5 jul
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Onte, venres deron comezo os cursos de natación da tempada de verán 2025 nas piscinas municipais de Silleda e da Bandeira. As sesións, de iniciación e perfeccionamento, prolongaránse ata o 31 de agosto, este ano con récord de participación ao superarse as 110 persoas participantes.

O persoal de socorrismo, cun equipo de 3 profesionais, encargarase de impartir as sesións, con varios turnos entre as 12:00 e as 14:15, nos dous recintos municipais.
No caso de Silleda, con máis de 80 inscricións, hai xa lista de agarda. Debido á elevada participación se estableceron 8 grupos: tres deles de 5-6 anos; dous de 7-8 anos, dous de 9-11 anos e un máis para maiores de 12 anos.
Publicidade
Para menores, aínda quedan prazas nas piscina da Bandeira, onde tamén se desenvolverán finalmente as sesións para persoas adultas, dado o elevado
número de inscricións infantís en Silleda.
Publicidade
As piscinas municipais abren ao público de luns a venres en horario de 14:30 a 20:30 horas, e os sábados, domingos e xornadas festivas (caso do vindeiro venres día 11 en Silleda) o horario será de 15:00 a 20:30.
Comments