Esta, organizada polo CEIP de Silleda en colaboración coa ANPA, será hoxe,venres na Praza Juan Salgueiro de Silleda
Laura Moure/Silleda
Hoxe, venres 15, darase comezo aos eventos solidarios que se realizarán no municipio de Silleda. Os fondos recadados irán destinados ao pobo de Palestina a través de Save The Children, a asociación Aupa Deza e tamén ao servizo municipal Silleda Solidaria.
Deste xeito, este venres pola mañá, o CEIP de Silleda en colaboración coa ANPA de Silleda, organiza a súa Feira da Alegría, que terá lugar na Praza Juan Salgueiro de Silleda de 11:00 a 13:00. O alumnado, distribuído en diferentes postos, venderá produtos elaborados polos propios estudantes. Os fondos recadados doaranse á asociación Aupa Deza.
Publicidade
Este domingo, o Auditorio da Semana Verde acollerá a audición de Nadal da Escola de Música de Silleda. O acto dará comezo ás 17:30 horas e terá carácter solidario, destinando os fondos recadados para o pobo de Palestina a través da organización Save The Children.
Publicidade
O sábado 30, a Banda de Música Municipal de Silleda celebra o seu concerto de Nadal en solidariedade coa asociación Aupa Deza. Este evento realizarase no pavillón 1 da Semana Verde ás 19:30 horas.
Tamén o sábado 30 haberá un Torneo Solidario organizado pola SD Bandeira a partir das 17:00 horas no campo de fútbol A Gandareira. Neste caso, a cantidade recadada a través do cobro das entradas solidarias irá en beneficio do servizo Silleda Solidaria, que proporciona axuda a familias en risco de exclusión social do municipio.
Publicidade
Finalmente, e tamén en colaboración con Silleda Solidaria, a vila de Bandeira acollerá o tradicional concerto de Aninovo no Auditorio Manuel Dopazo, que pechará a programación o sábado 6 de xaneiro. Neste evento, participarán a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, a banda infantil, a Asociación Cultural Xirandola, o Coro Vales Mahía, +QDanza e Enredos Teatro.
Comentarios