top of page

Comezan en Eirexe, Moalde, as obras de mellora dos viais municipais incluídas no Plan Máis Provincia

A actuación, adxudicada a Construcciones Taboada y Ramos, permitirá mellorar a capa de

rodadura, o drenaxe e a seguridade viaria nun ámbito de acceso ao núcleo e ás explotacións e parcelas da contorna


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda iniciará hoxe venres no lugar de Eirexe, na parroquia de Moalde, as obras de mellora dos viais municipais incluídas no plan de intervencións en camiños do rural financiadas con cargo ao Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra. Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones Taboada y Ramos, forman parte do mesmo lote de actuacións que xa comezou días atrás en Chapa e que contempla melloras en distintos núcleos do municipio.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

No caso de Eirexe, a intervención permitirá acondicionar varios tramos de titularidade

municipal que dan servizo ao núcleo, ás vivendas da zona, ás instalacións gandeiras existentes na contorna e ás parcelas agrícolas e forestais.


A actuación prevista en Moalde céntrase na mellora da capa de rodadura dos viais, que presentan un deterioro importante do firme, agravado tamén polas deficiencias no drenaxe superficial das augas pluviais e polo tránsito habitual de vehículos, maquinaria agrícola e transporte vinculado á actividade gandeira.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Os traballos incluirán a rehabilitación superficial do firme mediante a extensión dunha nova capa de mestura bituminosa en quente, previa preparación da superficie, barrido e aplicación do correspondente rego de adherencia. Tamén se realizarán actuacións de limpeza e reapertura de cunetas nos distintos eixes previstos, co obxectivo de mellorar a evacuación das augas e contribuír á conservación do pavimento.


A intervención completarase coa mellora da sinalización nos puntos nos que sexa necesario, incluíndo a colocación de sinalización vertical e o pintado de marcas viarias, co fin de reforzar a seguridade e a ordenación do tráfico nos entronques.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A alcaldesa e responsable municipal de Obras, Paula Fernández, destaca que esta actuación “permite seguir avanzando na mellora da rede viaria do rural, atendendo camiños que son fundamentais para a mobilidade diaria da veciñanza e tamén para a actividade agrogandeira das parroquias”. Fernández sinala que o goberno municipal continúa a traballar “cunha planificación ordenada dos recursos dispoñibles, priorizando actuacións que melloren a seguridade, a accesibilidade e a funcionalidade dos viais municipais”. Neste sentido, lembra que “os camiños do rural son infraestruturas básicas para a calidade de vida da veciñanza, pero tamén para o funcionamento das explotacións e para o acceso ás parcelas”.


Chapa, Escuadro, O Castro e Laro

A actuación de Eirexe forma parte dun paquete máis amplo de melloras en camiños municipais de Chapa,-xa en marcha- Sestelo,en Escuadro, Penanegra (O Castro) e Forcas, en Laro, cun investimento próximo aos 100.000 euros. Estas obras foron impulsadas polo Concello de Silleda con cargo aos fondos do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra, liberados tras a colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia para a cofinanciación da Avenida do Parque.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page