top of page

Comezan en Arzúa os Encontros culturais de inverno nas parroquias

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O primeiro será este venres a cargo do cómico arzuán Xan Veiga


Ecos da Comarca/Xeral

O Departamento de Cultura continúa levando a cabo os actos da nova programación que artellou para os primeiros meses de ano baixo o título de Encontros culturais de inverno que pretende ser un lugar de encontro para as noitiñas de inverno con cine, música, literatura e actividades nas parroquias, entre outras propostas dirixidas a públicos de todas as idades. Esta inédita programación achegarase tamén as parroquias cun programa titulado As parroquias contan que ofrecerá unha sesión de contos para todos os públicos a cargo do cómico arzuán Xan Veiga e, ao remate, unha chocolatada popular á que estarán convidadas todas as persoas asistentes.

A primeira delas será este venres, 24 de xaneiro, no local social de Santo Estevo do Campo ás 20:30 horas. E contarase con outra o venres 14 de febreiro á mesma hora no local social de Burres. A entrada será libre e de balde.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima “a participar nestes encontros pensados para dinamizar culturalmente tamén as nosas parroquias e para crear un espazo de socialización entre veciñas e veciños

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page