O luns quedará pechado ao tráfico o tramo de Condes do Deza onde se acometerá o reasfaltado de todo o tramo despois de levar a cabo a ampliación da Rede de Calor
Laura Moure/Silleda
As obras para a dotación dun gran aparcamento público no centro de Silleda están xa en marcha. A firma adxudicataria dos traballos comezou ca retirada das uralitas e outros elementos as obras de acondicionamento que está previsto inicialmente se prolonguen durante algo máis dunha semana.
O proxecto de mellora do aparcamento, na nave dunha antiga constructora cedida ao Concello polas familias propietarias, inclúe a demolición de antigos foxos, retirada de estruturas e a derribo da parede do frente de Condes do Deza (o solar dá as tres rúas da mazá). O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira Pili Peón, visitaron este venres as instalacións onde en breve se creará un aparcamento público e gratuíto que dará servizo a toda a veciñanza e usuarios que se acheguén á zona. “Con esta actuación gañaranse moitas prazas de estacionamento nesta zona, complementando a actuación de humanización que se está levando a cabo na rúa Progreso.
O Concello de Silleda agradece á familia propietaria a cesión deste terreo, que vén a sumarse a outros conveniados tamén na vila de Silleda (caso da rúa Colmeiro e rúa Cartagena). No caso deste convenio, ao ter que realizar un investimento de 25.000
euros para que se puidese acondicionar como aparcamento, o acordo ca familia propietaria inclúe unha cláusula relativa á amortización deste investimento.
Así, no caso de que o acordo se rescindira antes de trancorridos dous anos (tempo calculado para amortizar o investimento público tendo en conta o volume de vehículos usuarios), as familias propietarias terían que indemnizar ao Concello. “En pouco máis dunha semana estará listo este aparcamento que virá tamén a dar servizo a todo o tramo durante o tempo de execución das obras da rúa Progreso”, explica Cuiña.
Reporase o tramo afectado na rúa Morón
Por outra banda o vindeiro luns día 9 a empresa adxudicataria das obras de ampliación da rede de calor procederá ao remate das mesmas co aglomerado e resposición de asfalto. Así, reporase o tramo afectado por estas obras na rúa Morón (onde o tráfico quedará restrinxido o luns a un só carril) e ao aglomerado de todo o tramo de Condes do Deza, onde no se poderá estacionar durante esta xornada. Dende o Concello xa se colocaron os pertinentes avisos para a veciñanza e persoas usuarias.
Comments