Comezan as obras de repavimentación en Pantiñobre, en Arzúa
- ecosdacomarca
- 24 mar
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
O Concello de Arzúa informa do inicio das obras de mellora do firme na estrada que conecta as parroquias de Pantiñobre e A Riba. A intervención abrangue 1.680 metros de repavimentación e a instalación de novas barreiras de seguridade tipo vionda sobre o río Vello, en substitución das existentes, que se atopaban deterioradas.

En total, colocaranse 36 metros de vionda e 8 metros de pretil metálico, co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e mellorar a comodidade da circulación nesta vía moi utilizada pola veciñanza.
Publicidade
O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, sinala que “é o inicio dunha serie de actuacións que comezarán xa inmediatamente e que teñen como prioridade mellorar as infraestruturas no rural. Dende o Concello pedimos comprensión polos posibles inconvenientes durante a execución dos traballos e agradecemos a colaboración cidadá".
Comentários