top of page

Comezan as obras de reforma integral da praza da Bandeira e a súa contorna

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A asociación socio-educativa Antonio Gandoy fará unha reunión informativa sobre o preescolar na casa


Laura Moure/Silleda

O proxecto “Mellora de mobilidade peonil e rexeneración urbana da praza da Bandeira” , adxudicada o pasado mes de decembro á empresa Coviastec S.L, por un importe de 948.259,93 euros (IVE engadido), están xa en marcha. A firma adxudicataria xa comezou a colocar as vallas de obra e a caseta no entorno da propia praza, por onde comezará a actuación. Representantes de Coviastec asinaron este mércores xunto co director de obra a acta de reformulo, para o inicio dos traballos, en presencia tamén de membros do goberno local.

A empresa adxudicataria terá un prazo de 9 meses para executar as obras. O acceso ao parque infantil, nas inmediacións da praza, debe realizarse agora a través da entrada da rúa do Entroido a esta zona de xogos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Reorganización do mercado

Os traballos obrigan tamén a reformular as feiras que se celebran na vila os días 14 e 29 de cada mes. Para iso xa se celebraron encontros cas persoas adicadas á venda ambulante, que se reubicarán ao longo da rúa do Parque, zona que fará as veces de mercado provisional durante as distintas fases da obra.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A rexeneración urbana deste céntrico emprazarmento realízase e grazas á subvención do programa DUS 5000, do Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético (IDAE) do Estado, que financia a obra nun 80%. A redacción do proxecto financiouse ademais con cargo á Rede Ágora da Deputación de Pontevedra, da que o Concello de Silleda forma parte,

cumprindo cas liñas do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) do municipio.


A remodelación non só afectará á praza Juan Salgueiro da localidade, senón que tamén rexenerará as rúas de todo o entorno, incluída a urbanización da rúa Travesía de Vista Alegre.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por outra banda, o vindeiro martes 23 ás 18:00 horas no Centro Social de Silleda, a asociación socio-educativa Antonio Gandoy realizará unha reunión para informar das posibilidades que ofrecen os “Espazos para as familias”, coñecidos antigamente como o “Preescolar na casa”. Esta reunión vai destinada ás familias silledenses con crianzas entre

os 0 e 6 anos.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page