A actuación conta cun orzamento de algo máis de 400.000 euros e o período de execución é de cinco meses
Laura Moure/Palas de Rei A Xunta de Galicia comenzou a semana pasada, tal e como informa o Concello de Palas de Rei, a obra para executar a remodelación do albergue público de peregrinos desta localidade, que está situado na Avenida de Compostela. Os traballos, teñen como principal finalidade mellorar a eficiencia enerxética destas instalacións.
A actuación, promovida pola Axencia de Turismo de Galicia (organismo dependente de Vicepresidencia Primeira e da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia) conta cun orzamento total de 410.842 euros. Con estas obras, preténdese acadar unha maior sostibilidade do edificio dende o punto de vista enerxético e medioambiental, a vez que se tratarán de buscar un maior confort dos romeiros que se aloxen no mesmo.
Trátase dunhas instalacións moi demandas polos centos de camiñantes que chegan aos casco urbano da localidade facendo a ruta francesa de peregrínaxe. Os traballos foron adxudicados a empresa Orega Construccións que a partir de agora contará con cinco meses de prazo para finalizar a actuación.
Commentaires