top of page

Comezan as obras de recuperación da área recreativa de Ribadiso, en Arzúa

26 sept
2 min de lectura

Camións e pas iniciaron os traballos para mellorar este espazo de lecer situado á beira do río Iso


Laura Moure/Arzúa

A Concellería de Turismo do Concello de Arzúa informa do inicio das obras de recuperación e posta en valor da área recreativa de Ribadiso. Os camións e as pas xa se atopan na zona para acometer unha intervención destinada a mellorar o estado deste espazo, utilizado tanto pola veciñanza como polas persoas que percorren o Camiño Francés.

A obra está financiada pola Axencia de Turismo de Galicia a través dun convenio asinado coa Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés. A actuación prevista inclúe o acondicionamento do leito do río Iso e a retirada de lodos, a limpeza manual e selectiva das marxes respectando a vexetación de ribeira, a retirada de árbores secas e

a plantación de novos freixos. Tamén comprende a reparación do muro de pedra existente e a substitución do azud de derivación polo seu estado de conservación.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Co inicio destas obras damos un paso para recuperar un espazo moi querido en Arzúa. Ribadiso forma parte da vida da veciñanza e da experiencia das persoas que nos visitan; queremos que poidan desfrutalo en mellores condicións", afirma Begoña Balado, concelleira de Turismo de Arzúa e presidenta da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés.


Balado destaca a colaboración necesaria para poñer en marcha a actuación: "O financiamento da Axencia de Turismo de Galicia a través do convenio coa Mancomunidade permite avanzar na recuperación da área recreativa. Agradecemos tamén a colaboración de Augas de Galicia na valoración dos traballos que afectan ao contorno do río Iso".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A área recreativa de Ribadiso conta cunha praia fluvial, pasarelas de madeira, instalacións

deportivas e infantís e zonas de lecer. O paso do tempo, o uso continuado e as enchentes do río provocaron a deterioración que agora se pretende corrixir.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page