top of page

Comezan as obras de pavimentación en Os Corrais, en Boente

Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa iniciou os traballos de pavimentación no núcleo de "Os Corrais", en Boente, unha actuación enmarcada dentro do Plan de Obras e Servizos (POS+) da Deputación da Coruña. A obra, cun investimento de 75.003,10 euros, busca mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria da zona.

foto

Esta intervención responde a unha demanda da veciñanza, que solicitaba melloras no estado da pavimentación debido ao desgaste acumulado co paso do tempo. A actuación facilitará o tránsito rodado e peonil, mellorando a calidade de vida dos residentes e reforzando a infraestrutura rural do municipio.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, destaca a importancia desta actuación: "Seguimos traballando para mellorar os camiños e accesos nas nosas parroquias, para que cada veciño e veciña poida chegar ás súas casas e traballos con seguridade e comodidade. Sabemos que aínda queda moito por facer, pero a aprobación no último pleno do Plan de Obras e Servizos do 2025 vainos permitir atender moitas necesidades urxentes este ano. De feito, este plan supón o maior investimento da Deputación para Arzúa en toda a súa historia, e destinaremos unha gran parte a mellorar as infraestruturas no rural".


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o Concello de Arzúa, irase informando dos diferentes proxectos aprobados así como do desenvolvemento dos mesmos, para coñecemento de toda a veciñanza.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page