Comezan a traballar 10 novas persoas como operarias municipais de Silleda a través do programa 'Máis Provincia'
- Laura Moure
- 1 abr 2024
- 1 Min. de lectura
Os contratos, a xornadas completa, terán unha duración de 9 meses
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda conta xa cun total de 10 persoas como novas operarias por un período de 9 meses. Esta contratación levouse a cabo a través da Liña 3 do programa Máis Provincia, da Deputación de Pontevedra, organismo que vén financiando nos últimos anos esta iniciativa de contratación, no marco da loita contra o desemprego.

Para este exercicio, contarase cun condutor de camión, 2 condutores de tractor e outras 7 persoas como peóns de obras públicas, para a realización de tarefas vinculadas ao plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, que se repartirán en distintos equipos. Despois do proceso de selección levado a cabo nas últimas semanas, o
novo equipo comezou xa hoxe a traballar, logo da benvida da alcaldesa, Paula Fernández, e os responsables de Vías e Obras (Antonio Ferro Losada) e de Persoal (Mónica González), así como dos encargados municipais.
Publicidade
Ademais da limpeza e mantemento de vías, este novo equipo tamén virá a reforzar os sevizos municipais en distintos ámbitos. “Un ano máis volvemos a contar con personal a través deste programa provincial, unha medida que ademais de contribuír á creación de emprego no noso municipio tamén vén a mellorar a prestación de servizos á nosa veciñanza”, engade a alcaldesa, Paula Fernández Pena.
Comments