top of page

Comeza o Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda co total de prazas cubertas

Atenderase a 50 nenos de Infantil e Primaria en horario extraescolar, de 15:00 a 21:00 horas nas dependencias do CEIP Plurilíngüe de Silleda


Laura Moure/Silleda

Este xoves co inicio do curso arrancou tamén unha nova edición do Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda, con todas as prazas cubertas. Este servizo de conciliación, co que se atende ao alumnado de Primaria e Secundaria fóra do horario lectivo, exténdese dende as 15:00 ás 21:00 horas, nas dependencias do CEIP Plurilíngüe de Silleda. A concelleira de Educación, Ángela Troitiño, visitou aos rapaces e rapazas

que farán uso deste servizo durante todo o curso escolar na primeira xornada.

Este servizo vén a continuar o ofertado no verán con campamentos nas instalacións escolares de Silleda e da Bandeira que este ano acadaron récord de participación, con máis de 100 nenos e nenas.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Dende a Concellería de Educación, tamén se está a estudar a posibilidade de crear un novo servizo que permita a conciliación á primeira hora da mañá. Tras varias conversas ca Anpa Raparigos dende o departamento municipal de Educación estanse a avaliar distintas posibilidades, sempre dependendo do número de familias que o soliciten.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page