Comeza o derribo das ruinas da praza de Pichel na Bandeira, que se convertirá nun espazo público
- Laura Moure

- 11 may 2023
- 2 Min. de lectura
Nos máis de 600 metros cadrados do solar instalaranse equipamentos deportivos móbiles como un skate park
Laura Moure/Silleda
Esta mañá deu comezo na Bandeira unha actuación histórica: o derribo da estrutura da coñecida como praza de Pichel, situada na rúa do Parque da localidade. Esta construción, que data de 1950, covertirase unha vez que rematen os traballos de demolición e adecentamento nun espazo de uso público, cun total de 604 metros cadrados. “Hoxe por fin, despois de anos con negociacións fallidas, e que se retomaron hai varios meses ca propiedade, o adecentamento desta zona será unha realidade”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

O goberno municipal de Silleda asinou un acordo ca familia propietaria pola que esta parcela se converterá nun espazo de uso no que se instalarán equipamentos deportivos móbiles para á mocidade, como un skate park, que virá a completar as instalacións doutra zona de skate prevista en Silleda, na finca adquirida polo Concello para a ampliación da
praza Juan Salgueiro.
En virtude do acordo, o Concello de Silleda asume todas as actuacións necesarias para adecuar, acondicionar e manter o terreo para o fin que se pretende, segundo o detalle recollido no proxecto de derrube da estrutura existente xa redactado, e que inclue adamais obras de acondicionamento e preparación do solado existente.
Este convenio de cesión segue a mesma liña que os xa asinados nos cascos urbanos tanto de Silleda como da Bandeira nos últimos anos, e que serviron para a creación de zonas de estacionamento e xardins de usos público. Neste caso a cesión acordase para os vindeiros 4 anos, debendo renovarse o acordo de manera expresa entre a familia e o concello.
“Esta cesión é un paso clave para que nun futuro a parcela poida ser adquirida polo Concello”, engade Cuiña. Os traballos de demolición que hoxe comezaron e que obrigan por seguridade a cortar todo o tramo da rúa do Parque, dende o cruce con Ramón de Valenzuela ata a rúa Lourás, foro adxudicados á empresa Excavaciones Benito por un importe de 32.728,73 euros.
NOTICIAS RELACIONADAS:







Comentarios