top of page

Comeza o campamento de verán do servizo lúdico educativo de Silleda cun total de 133 participantes

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Este ano bateuse un récord absoluto de solicitudes, realizando un esforzo o Concello para dar resposta a todas as familias con este servizo de conciliación, sen lista de agarda


Laura Moure/Silleda

O campamento de verán do Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda arrancará hoxe no municipio, logo de bater un récord abosluto de solicitudes cun total de 133 peticións rexistradas para outros tantos nenos e nenas. “Dende o departamento municipal de Educación fíxose este ano un esforzo, á vista da necesidade das familias para conciliar durante a época estival e atenderanse todas as solicitudes”, explica a concelleira de Educación e Igualdade, Ángela Troitiño.

A cativada, de 3 a 12 anos, terá como referencia dous centros, en Silleda e na Bandeira, nos respectivos centros públicos de Educación (CEIP de Silleda e CEIP Ramón de Valenzuela). Polas instalacións do centro de Silleda pasarán un total de 90 nenos e nenas, con distintas quedas ata a víspera do inicio do novo curso, sendo o mes de xullo o que rexistra unha maior demanda en canto a número de participantes. No caso da Bandeira, con 43 participantes, as peticións centráronse a diferencia de anos anteriores en horarios de mañá e tarde.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

O servizo lúdico educativo atende ao longo de todo o ano ás familias de Silleda que precisan conciliar por motivos laborais. Ademais deste campamento de verán, tamén se presta durante as vacacións de Nadal e en días non lectivos, pero que non son festivos para os proxenitores.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page