top of page

Comeza en Silleda o programa Deza Circular ca formación de 21 persoas desempregadas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O alcalde, Manuel Cuiña, presidiu a presentación do ciclo, para a empregabilidade no marco do aproveitamento forestal e o turismo sostible


Laura Moure/Silleda

O programa Deza Circular, impulsado polo Concello de Silleda e que conta co apoio do veciño Concello de Vila de Cruces, botou este luns a andar no Viveiro de Empresas do parque empresarial Área 33, cun total de 21 alumnos e alumnas. Este programa, que ten como obxetivo capacitar e orientar a persoas desempregadas en servizos de aproveitamento forestal innovadores, así como accións destinadas a crear oportunidades no ámbito da economía forestal circular e o turismo sostible dos espazos naturais do municipio de Silleda, foi un dos 66 seleccionados de toda España na liña de axudas de Emprega Verde, da Fundación Biodiversidade.


“Manter limpos os nosos espazos naturais, os nosos montes –despois do duro verán que vimos de vivir- e apostar por un turismo sostible, de calidade, onde a natureza é un reclamo único, son sen dúbida boas razóns-, xunto ca inserción laboral das persoas que participades activamente nesta iniciativa-, para apostar forte por Deza Circular”, indicou o alcalde, Manuel Cuiña que presidiu a apertura do ciclo xunto ca concelleira de Medio Ambiente e Emprego, Pili Peón, a concelleira de Economía, Benestar Social e Educación Mireya Otero, de Vila de Cruces, e os docentes do ciclo.


Cuiña lembrou que no marco da economía circular o municipio de Silleda deu pasos importantes ca primeira Rede de Calor con Biomasa Público Privada de toda Galicia, unha instalación “que segue sendo un exemplo a seguir por outros Concellos e que esperamos completar algún día ca planta de procesado de astilla para pechar o circulo”.


O rexedor incidiu tamén nos numerosos espazos naturais cos que conta Silleda e a comarca de Deza, compartindo con Vila de Cruces o sendeiro do Deza –un dos máis visitados da contorna- así como o peso do turismo de natureza, “nun concello como Silleda que conta con máis de 700 plazas hoteleiras”, indicou resaltando a importancia dun sector estratéxico.


Cuiña agradeceu a colaboración do Concello de Vila de Cruces neste programa, así como da Fundación Roberto Rivas, que se encargará de impartir o módulo Deza Orienta, con accións de orientación e capacitación laboral, traballando o aspecto motivacional, a empreabilidade e a busca de emprego, así como o acompañamento, a intermediación laboral e o autoemprego. Raquel Doallo será a orientadora encargada deste apartado, xunto cos docentes José Manuel Picallo, técnico de aproveitamento forestal e Rubén

Villasenín, educador ambiental.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O ciclo, con sesións presenciais e tamén on-line continuará nesta fase ata o mes de novembro realizándose sesións prácticas en espazos naturais do municipio O programa, totalmente de balde para o alumnado participante, conta cun orzamento de 78.336 euros e está financiado polo programa Emplea Verde, de Fundación Biodiversidade, co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Para a súa execución contarase coa colaboración do Concello de

Vila de Cruces e da Fundación Roberto Rivas.

0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page