Comeza en Silleda o campamento dixital da Fundación Cibervoluntarios
- ecosdacomarca

- 1 jul 2025
- 1 min de lectura
Celebrarase ata o venres na Casa da Xuventude, cunha vintena de nenos e nenas de 9 a 13 anos
Ecos da Comarca/Silleda
A Casa da Xuventude de Silleda acolle dende onte e ata o vindeiro venres un campamento dixital, que se converte nun espazo de aprendizaxe tecnolóxica e creatividade no marco da programación da Fundación Cibervoluntarios.

Un total de 17 rapaces e rapazas de 9 a 13 anos están xa a participar nesta actividade, de balde para as persoas participantes.
Publicidade
Estes campamentos forman parte da iniciativa Campamento Dixital, impulsada pola Fundación Cibervoluntarios dentro do programa CODI (Competencias Dixitais para a Infancia), co apoio do Ministerio de Xuventude e Infancia e financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.
Publicidade

Dende o Concello de Silleda, a alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Educación, Ángela Troitiño, deron a benvida hoxe ao grupo e destacaron que a celebración destes campamentos é “unha oportunidade para desenvolver competencias dixitais e compartir experiencias entre a veciñanza máis nova”.







Comentarios