top of page

Comeza en Melide a campaña do Día da Nai de ASETEM – CCA cun premio valorado en 600 euros

O sorteo para coñecer o gañador ou gañadora do vale de 600 euros celebrarase o 4 de

maio pola mañá


Laura Moure/Melide

Comeza a campaña do Día da Nai da Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide cun gran premio valorado en 600 euros para gastar nos establecementos locais asociados. Este ano, a entidade empresarial quere promover e impulsar o comercio local

melidense con motivo de agasallar a todas as nais da vila. Para conseguilo, ASETEM -

CCA sorteará unha experiencia de benestar completa valorada en 600 euros entre as

compras que se fagan durante o 22 de abril e o 1 de maio (ambos incluídos). Este bono,

será válido para gastar en diferentes sectores como: beleza, roupa, calzado, ocio,

complementos, etc.

Ademais, ASETEM quere ter un detalle coas persoas que acudan a mercar o domingo 2 de maio aos seus comercios asociados e participantes na campaña. Por este motivo, a

asociación entregou nos establecementos caixiñas cheas de cariño con varias larpeiradas dentro para dar un toque máis doce nestes días.


A campaña do Día da Nai conta con máis de 30 comercios participantes, unha das

accións máis numerosa, eses son: Carnicería Cardelle, Colorín Colorado, Sport Moda,

Diva Pro, Electrosan, Estanco Angarela, Eurocadena, Ferretería Noguerol, Instituto de

la Sordera, Leiva Motorsport, Noguerol Cociña e Baño, Librería Victorio, Meixela

Centro de Estética, Melimática, Mercería Isabel, Mis Mejores Labores, Moraima A

Granel, Muxica Tenda Xoven, Óptica Melide, Óptica Tábora, Óptica Alain Afflelou,

Ortopedia Ortosaúde, Romero Zapaterías, Panadería Toques, Pasarela, Perfumería

Lyss, Strelizia Floristas, Latexo Logopedia, Xoiería Oro Ley, Xoiería Pereiro, Xoiería

Silvela, Jacarandá, Flor de Toxo, Zafiro Tours Melide e Calzados Broz.

O sorteo para coñecer o gañador ou gañadora do vale de 600 euros celebrarase o 4 de

maio pola mañá e retransmitirase a través da páxina de Facebook da Asociación de

Empresarios da Terra de Melide.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page