A asociación empresarial da comarca organiza un ciclo de charlas sobre diversos temas relacionados coa saúde
Laura Moure/Melide
Arrinca a nova campaña de ASETEM – CCA, Melide Comercio Saudable, unha iniciativa dirixida a dar unha maior visibilidade aos centros sociosanitarios asociados. Para conseguir este obxectivo a asociación empresarial da comarca organiza un ciclo de
charlas sobre diversos temas relacionados coa saúde, nas que se sortearán dez vales de
compra por valor de dez euros en cada unha destas sesións para gastar nos comercios
de proximidade da vila.
As charlas serán impartidas polos profesionais da saúde dos centros sociosanitarios asociados que son: Clínica Dental Ana Marcos Cardo, Clínica Dental Karim Gamil Quintela, Flor de Toxo, Instituto de la Sordera, Latexo Logopedia, Meixela Centro de Estética, Óptica Alain Afflelou Melide, Óptica Tábora, Óptica Melide, Ortopedia Ortosaúde, Parafarmacia Ulloa e Tania Arias Nutricionista.
As charlas do mes de novembro xa están programadas. O vindeiro xoves 18, onde
saberemos máis sobre a saúde visual da man das responsables de Óptica Alain Afflelou
de Melide e despois o luns 22, na que Gema Torre de Flor de Toxo nos contará a verdadeira historia dos cosméticos.
As conferencias serán todas no salón de actos da sede de ASETEM – CCA (na rúa Lino Sexto, 7 – Melide) ás 20:00 horas.
コメント