top of page

Colocadas as illas medioambientais do programa 'Da túa man' nas vilas de Silleda e da Bandeira

A iniciativa, para a reactivación do comercio, complementa ás áreas de descanso nas prazas e tótems informativos sobre o sector


Laura Moure/Silleda

ree

O programa Da túa man, promovido pola Deputación de Pontevedra e no que participan 11 Concellos da provincia, segue a desenvolver novas accións. Así, en Silleda, logo de instalarse as áreas de descanso nas prazas da Igrexa e Juan Salgueiro de Silleda e na praza Juan Salgueiro da Bandeira, tamén con cargadores solares, nos últimos días foron instaladas nas dúas vilas as chamadas illas ecolóxicas, con catro colectores para biorresiduos e cartón, que se usan tamén como punto de información e sensibilización

sobre o tratamento de residuos e a reciclaxe.


As illas colocáronse na rúa Santa Eulalia de Silleda e na rúa do Parque da Bandeira. En vindeiras datas instalaranse tamén tótems informativos sobre os establecementos comerciais.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Este programa púxose en marcha para propiciar a reactivación do comercio con distintas medidas nun total de once municipios da provincia (A Cañiza, Gondomar, Moaña, Meaño, Ponte Caldelas, O Rosal, Silleda, Salceda de Caselas, Tomiño, Poio e Ribadumia).




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page