Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Colisión múltiple en Arzúa

Dúas persoas resultaron feridas na estrada AC-234 o seu paso por Arzúa


Ecos da Comarca/Arzúa

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde no concello coruñés de Arzúa tras un accidente múltiple no que se viron implicados tres vehículos.


O 112 Galicia recibiu a chamada dun particular, ás tres menos cuarto da tarde, que informaba dunha colisión frontal entre dous vehículos na estrada AC-234, máis concretamente, a un quilómetro da saída de Arzúa cara Boimorto. De xeito inmediato, unha das persoas implicadas tamén advertía do sinistro ao 112 e comunicaba que se trataba dunha colisión con tres coches implicados. Con todo, nesta mesma chamada, o particular indicaba que non había feridos de consideración.


Inmediatamente, dende o CIAE 112 deuse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, aos Bombeiros de Arzúa, á Policía Local e a Protección Civil do municipio, así como á Garda Civil de Tráfico.


Xa no punto, a Policía Local de Arzúa sinalaba que había persoas feridas e que os vehículos obstaculizaban a circulación na estrada. Finalmente, os bombeiros, que non tiveron que intervir, confirmaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias que no sinistro houbo tres coches implicados e dúas persoas resultaron feridas.

112 Emerxencias. Autor: Ecos da Comarca

1,291 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE